viernes, 2 de febrero de 2007

OUTRA APORTACIÓN SOBRE O ESPAZO AGRARIO GALEGO. By Carmela Bao

PAISAXE AGRARIA DE GALICIA


O espacio agrario de Galicia caracterízase por unha serie de factores e elementos que, segundo a zona, poden sufrir variacións, pero en xeral esta Comunidade Autónoma presenta grandes similitudes, ou igualdades, na totalidade do seu terreo.
En canto aos factores, poden ser físicos ou humanos. Os factores físicos, a súa vez, divídense nos referidos ao clima, relevo, augas, solo e vexetación:

 O clima de Galicia caracterízase pola pouca amplitude térmica, algo maior no interior e porque as temperaturas son suaves durante todo o ano. Isto permite cultivar unha gran variedade de plantas. As precipitacións son abundantes durante todo o ano, máis escasas no verán, o que permite a existencia de cultivos que precisan de moita auga sen ter que ser regados.
 Galicia non presenta un relevo con grandes picos, posto que as súas montañas son vellas e erosionadas, presentando moitos altibaixos. Isto inflúe moito á hora de cultivar en determinadas terras, porque a algunhas dálles demasiado vento, outras son moi escuras... Nesta comunidade hai moitas pendentes, nas zonas de solanas xeralmente encóntranse as vides para o viño ou o monte, posto que non se dá outro cultivo debido as condicións adversas.
 Os ríos galegos teñen abundante caudal durante todo o ano e, xunto coa humidade da atmosfera, fan innecesaria a rega dos cultivos. Aínda así, hai lugares que precisan máis auga da que dispoñen.
 O solo galego sempre se caracterizou pola abundante presenza de humus, aínda que, ultimamente, coa plantación de árbores como pinos e eucaliptos está perdéndose, pois estas árbores non permiten que medre nada debaixo delas. En canto a súa acidez, teñen bastante, aínda así son uns chans moi ricos.

Falando dos factores humanos poden ser históricos, demográficos, económicos ou técnicos.

 Entre os factores técnicos destaca a desviación de tramos de ríos que favoreceran ao regadío e a utilización de maquinaria. O problema é que moitas veces o río acábase desbordando e produce grandes inundacións. En Galicia tamén hai invernadoiros, aínda que de momento son escasos. En Ourense, sobre todo, fanse terrazas para o viño. Tamén cabe destacar o emprego de fertilizantes e insecticidas, aínda que se segue a utilizar esterco e puríns, que son fertilizantes orgánicos.

Falando dos elementos distínguense o espacio habitado e o cultivado :

 O espacio habitado preséntase disperso, é dicir, as vivendas están diseminadas polo espacio agrario de forma que están máis preto dos cultivos.
 Ao falar do espacio cultivado podemos falar de distintos aspectos referidos ás parcelas ou ás explotacións:

 As parcelas en Galicia preséntase abertas, tamén chamadas openfield, posto que non están separadas por unha cerca, un valado... Non obstante, na zona de Lugo pódense observar moitas pechadas ou bocage, xeralmente arrodeadas por un pequeño e baixo muro de pedra. Isto é algo que cambiou ó longo dos anos. Fai pouco sí que se empregaban valados.
 A forma das parcelas é irregular, debido a que o terreo non é plano e presenta numerosos altibaixos, de forma que non se pode limitar facilmente.
 O réxime de explotacións soe ser directa, pero antigamente era indirecta. Isto débese ao paso do tempo e ao progreso das técnicas e mellora económica dos galegos.
 O minifundio é o réxime de propiedade máis abundante en Galicia, pero debido á emigración ás cidades o terreo de cultivo tende a disminuír e a concentrarse a propiedade de xeito que hai menos propietarios pero posúen máis extensión de terreo. A concentración parcelaria contribuíu de forma eficaz a este proceso.
 A propiedade das terras é privada, estas pertencen a un individuo. Sen embargo, hai zonas onde o monte é mancomunado, é dicir, pertence a tódolos veciños ( como nas zonas de Ortigueira e Cariño ).
 O sistema de cultivo é o policultivo, pois existe unha mestura de cultivos distintos: patacas, millo, trigo ... en pequenas áreas de terreo. De todas formas, nos últimos tempos, os montes estanse a converter en monocultivos de eucaliptos, debido ó seu rápido crecemento e ás condicións do clima que o permiten. Tamén se pode falar dun certo monocultivo en productos vencellados á gandería.
 En canto a productividade, non sabería como clasificar a plantación galega. Podería ser cultivo intensivo, posto que os agricultores intentan sacar o máximo proveito do seu terreo. Para conseguilo rotan diferentes cultivos ó longo do ano e as leiras apenas permanecen baleiras. Un exemplo disto son os terreos adicados á producción de trigo, nos que unha vez recollido este (xullo-agosto) plántase alcacén (tipo de herba) para o gando ata que en xaneiro-febreiro se volve a preparar a terra para a seguinte colleita de trigo. Tamén presenta rasgos de agricultura extensiva, pois as inversións non son moi elevadas. Galicia amosa fundamentalmente unha agricultura de subsistencia aínda que na actualidade está atravesando un período de cambio.





En resumo, Galicia é unha terra con condicións máis que favorables para a plantación de moitos cultivos, pero o espacio agrario faise cada vez máis pequeño, debido, entre outras causas, a un progresivo e continuo proceso de urbanización deste espacio.

Carmela Bao. 3º A

0 comentarios: