jueves, 25 de enero de 2007

O ESPAZO AGRARIO GALEGO. Elementos e factores. Verónica Caínzos






Os elementos e factores que condicionan o espacio agrario galego

1. Os factores que inflúen no espacio agrario galego clasifícanse en dous: físicos e humanos. A continuación, expoñeranse ámbolos dous, primeiro os físicos.

1.a. Factores físicos. A situación de Galicia fai que estea favorecida polo clima, posto que o mar produce un efecto de amortiguador térmico. Ademais, ao atoparse nunha zona temperada, as temperaturas son abondosas e regulares; un factor que, en principio, é favorable.

Como Galicia non ten grandes alturas, ese factor de relevo non lle afecta. As montañas de Galicia son vellas; isto é, están bastante erosionadas, co que non hai picos moi afiados nin montañas moi escarpadas. Pola contra, predominan os cumios suaves e os outeiros. Disto dedúcese que as pendentes non son moi pronunciadas, factor que favorece á agricultura. Outra característica do relevo galego son as cordilleiras que se atopan cruzando Galicia de norte a sur, co que o este está máis protexido dos ventos e da chuvia que o oeste.

Galicia ten reservas de auga, tanto superficiais como subterráneas. Estas reservas regan os cultivos. Normalmente, os ríos galegos discorren tranquilos e producen unha erosión favorable aos cultivos. Sen embargo, cos incendios que se produciron neste e anteriores veráns, a auga da chuvia, aínda que non percorre con moita forza, arrastra consigo sedimentos que se desprenden moi facilmente e que interfiren no medio de diferentes formas, moitas veces prexudicando ás persoas.

O solo galego é, por natureza, ácido, posto que está formado, basicamente, por pizarra e granito. Este é un factor desfavorable para a agricultura.O terreo galego ten, como o resto dos climas oceánicos, un solo rico, grazas á cuberta vexetal. Pero cos incendios o humus desaparece, e o solo tarda moito tempo en volver a ser tan rico como o era antes. Ademais, coas chuvias, o solo queimado erosiónase máis facilmente, co que será máis delgado e, polo tanto, menos rico.


1.b Os factores humanos explican como influiu o ser humano no espacio agrario. Estes son os que influiron no galego.Ó longo da historia, e dende que en Galicia se cultivou por primeira vez, sempre se seguiu a facer, implantando algúns cambios, aínda que non moitos. O territorio galego, debido á súa situación, sempre se atopou un puco alleo ó resto da península, co que algunhas novidades que se impuxeron nela, aquí non chegaron. Xustamente por iso, a agricultura galega non tivo moitos cambios e, aínda hoxe en día, pódense observar métodos agrarios utilizados fai case medio século.

A política económica agraria galega fai que a comercialización desta se faga de dúas formas. Nas explotacións “ó por menor”, véndese en feiras e mercados ou a tendas. Nas “ó por maior”, que en Galicia non son moitas, venden a industrias e empresas. Actualmente, o goberno inclúe axudas para os traballadore agrícolas, porque aínda que Galicia é un dos lugares onde máis se da, débese promover con iniciativas.

Para tódolas situacións desfavorables antes sinaladas, as persoas buscaron palialas cos avances técnicos. Un exemplo é a utilización de cal para que o ph do solo non sexa tan ácido. Outro é o uso de fertilizantes e pesticidas, que se se usan en abundancia, contaminan o solo. E para producir verduras e hortalizas (ou flores) fora de tempo, créanse invernadoiros. Tamén se realizan terrazas para salvar as zonas con máis pendente e que así poidan ser cultivables. O espacio agrario galego non está moi mecanizado, debido ás dificultades de acceso ás parcelas e ao tamaño destas.

2. Elementos do espazo agrario galego
Analisados xa os factores do espacio agrario galego, é o turno dos elementos. Estes divídense en o espacio habitado e o cultivado. Comezarei co habitado.O hábitat rural galego é de carácter disperso, posto que as casas están rodeadas, normalmente, polas parcelas propias. Tamén é habitual que estas parcelas estén bastante separadas entre sí, incluso en diferentes vilas.

Rematado xa o habitado, a continuación explicarase o espacio cultivado, recordando que, nos últimos anos estanse impoñendo cultivos novos e que cambian, un pouco, este espacio cultivado.A maioría das explotacións agrícolas galegas son pequenas, e están divididas en moitas parcelas. Esas parcelas soen estar pechadas por sebes ou por aramios. Aínda que tamén se ven parcelas abertas delimitadas por marcos, sobre todo se esa parcela é pequena. Teñen formas irregulares, debido ao intrincado relevo galego.

En Galicia, tradicionalmente, dábase o policultivo, e segue a estar moi arraigado, pero agora estanse a impoñer extensións de monocultivos, principalmente, de productos non autóctonos.A productividade destas explotacións é extensiva, posto que é bastante difícil que se dea a intensiva posto que os agrícolas non están dispostos e invertir grandes cantidades de diñeiro nas súas extensións, xa que así non terían case ningún rendemento económico.As explotacións soen ser de propiedade privada, e o dono soe se-lo encargado de cultivala e, ademais, é, case sempre, de idade avanzada.Isto é, a grandes rasgos, como inflúen os factores nos elementos do espacio agrario galego.

Verónica Caínzos Díaz3ºESO

0 comentarios: