domingo, 28 de enero de 2007

3º D e 3ºA visitan a exposición de El Roto.

Pulsade na imaxe e aparecerá unha lupa ( p'a ver mellor algúns caretos)
Cool Slideshows

viernes, 26 de enero de 2007

UNHA MAGNIFICA MAQUETA DE GALICIA FEITA POR Alba Rodríguez

Move o punteiro para achegar unha lupa e mirar, así, mellor a imaxe.
Cool Slideshows

jueves, 25 de enero de 2007

O ESPAZO AGRARIO GALEGO. Elementos e factores. Verónica Caínzos






Os elementos e factores que condicionan o espacio agrario galego

1. Os factores que inflúen no espacio agrario galego clasifícanse en dous: físicos e humanos. A continuación, expoñeranse ámbolos dous, primeiro os físicos.

1.a. Factores físicos. A situación de Galicia fai que estea favorecida polo clima, posto que o mar produce un efecto de amortiguador térmico. Ademais, ao atoparse nunha zona temperada, as temperaturas son abondosas e regulares; un factor que, en principio, é favorable.

Como Galicia non ten grandes alturas, ese factor de relevo non lle afecta. As montañas de Galicia son vellas; isto é, están bastante erosionadas, co que non hai picos moi afiados nin montañas moi escarpadas. Pola contra, predominan os cumios suaves e os outeiros. Disto dedúcese que as pendentes non son moi pronunciadas, factor que favorece á agricultura. Outra característica do relevo galego son as cordilleiras que se atopan cruzando Galicia de norte a sur, co que o este está máis protexido dos ventos e da chuvia que o oeste.

Galicia ten reservas de auga, tanto superficiais como subterráneas. Estas reservas regan os cultivos. Normalmente, os ríos galegos discorren tranquilos e producen unha erosión favorable aos cultivos. Sen embargo, cos incendios que se produciron neste e anteriores veráns, a auga da chuvia, aínda que non percorre con moita forza, arrastra consigo sedimentos que se desprenden moi facilmente e que interfiren no medio de diferentes formas, moitas veces prexudicando ás persoas.

O solo galego é, por natureza, ácido, posto que está formado, basicamente, por pizarra e granito. Este é un factor desfavorable para a agricultura.O terreo galego ten, como o resto dos climas oceánicos, un solo rico, grazas á cuberta vexetal. Pero cos incendios o humus desaparece, e o solo tarda moito tempo en volver a ser tan rico como o era antes. Ademais, coas chuvias, o solo queimado erosiónase máis facilmente, co que será máis delgado e, polo tanto, menos rico.


1.b Os factores humanos explican como influiu o ser humano no espacio agrario. Estes son os que influiron no galego.Ó longo da historia, e dende que en Galicia se cultivou por primeira vez, sempre se seguiu a facer, implantando algúns cambios, aínda que non moitos. O territorio galego, debido á súa situación, sempre se atopou un puco alleo ó resto da península, co que algunhas novidades que se impuxeron nela, aquí non chegaron. Xustamente por iso, a agricultura galega non tivo moitos cambios e, aínda hoxe en día, pódense observar métodos agrarios utilizados fai case medio século.

A política económica agraria galega fai que a comercialización desta se faga de dúas formas. Nas explotacións “ó por menor”, véndese en feiras e mercados ou a tendas. Nas “ó por maior”, que en Galicia non son moitas, venden a industrias e empresas. Actualmente, o goberno inclúe axudas para os traballadore agrícolas, porque aínda que Galicia é un dos lugares onde máis se da, débese promover con iniciativas.

Para tódolas situacións desfavorables antes sinaladas, as persoas buscaron palialas cos avances técnicos. Un exemplo é a utilización de cal para que o ph do solo non sexa tan ácido. Outro é o uso de fertilizantes e pesticidas, que se se usan en abundancia, contaminan o solo. E para producir verduras e hortalizas (ou flores) fora de tempo, créanse invernadoiros. Tamén se realizan terrazas para salvar as zonas con máis pendente e que así poidan ser cultivables. O espacio agrario galego non está moi mecanizado, debido ás dificultades de acceso ás parcelas e ao tamaño destas.

2. Elementos do espazo agrario galego
Analisados xa os factores do espacio agrario galego, é o turno dos elementos. Estes divídense en o espacio habitado e o cultivado. Comezarei co habitado.O hábitat rural galego é de carácter disperso, posto que as casas están rodeadas, normalmente, polas parcelas propias. Tamén é habitual que estas parcelas estén bastante separadas entre sí, incluso en diferentes vilas.

Rematado xa o habitado, a continuación explicarase o espacio cultivado, recordando que, nos últimos anos estanse impoñendo cultivos novos e que cambian, un pouco, este espacio cultivado.A maioría das explotacións agrícolas galegas son pequenas, e están divididas en moitas parcelas. Esas parcelas soen estar pechadas por sebes ou por aramios. Aínda que tamén se ven parcelas abertas delimitadas por marcos, sobre todo se esa parcela é pequena. Teñen formas irregulares, debido ao intrincado relevo galego.

En Galicia, tradicionalmente, dábase o policultivo, e segue a estar moi arraigado, pero agora estanse a impoñer extensións de monocultivos, principalmente, de productos non autóctonos.A productividade destas explotacións é extensiva, posto que é bastante difícil que se dea a intensiva posto que os agrícolas non están dispostos e invertir grandes cantidades de diñeiro nas súas extensións, xa que así non terían case ningún rendemento económico.As explotacións soen ser de propiedade privada, e o dono soe se-lo encargado de cultivala e, ademais, é, case sempre, de idade avanzada.Isto é, a grandes rasgos, como inflúen os factores nos elementos do espacio agrario galego.

Verónica Caínzos Díaz3ºESO

martes, 23 de enero de 2007

sábado, 20 de enero de 2007

Un adianto da exposición no Castelo de Santa Cruz

Cool Slideshows



Forget December

viernes, 19 de enero de 2007

¡Adelante! Unha canción que coñeceredes

Probaremos con este blog para colgar os vosos traballos e tamén algunhas fotos interesantes ou chulas.
Neste caso vos poño unha do meu pueblo vista dende o monte de onde voan os que fan parapente (podedes ver un de cor azul). Algún día vos colgarei fotos de cando eu puiden voar neste sitio.